7/10/13

Concerto de outono


Outra tempada máis seguimos a nosa andaina: actuaremos con outras dúas corais  e compartiremos con elas e convosco  o noso traballo e as nosas vivencias. Será en Mª Auxiliadora, en Vigo, ás 8.30, o domingo 13 de outubro. No enlace de abaixo tedes o cartel do concerto. 

Esperamos que nos acompañedes!!


20/5/13

Festival das Letras Galegas




Grazas a todos os que fostes  a compartir e disfrutar das actuacións das corais no Festival organizado por ACOPOVI  para celebrar o Día das Letras Galegas.  Nós actuamos o domingo 19 de maio e comprobamos o grao de participación e o calor con que nos arroupastes.

Así estaba o Auditorio do IFEVI:


¡GRAZAS!


24/4/13

ENARMONÍA CELEBRA O 75 ANIVERSARIO DA ONCE








Entre as celebracións programadas en Vigo para celebrar o 75 aniversario da ONCE figura un concerto que se desenvolverá hoxe día 25 de abril no Centro Cultural Novagaliciabanco (Rúa Policarpo Sanz). O Coro Enarmonía será un dos grupos participantes.

Convidámosvos a nos acompañar.



              • Lugar: Centro Cultural Novagaliciabanco
              • Data: 25 de abril
              • Hora: 20:00 horas

13/4/13

FESTIVAL DE HABANERAS

                                                                                                
O Coro Enarmonía estará mañán no IFEVI, abrindo a nova sesión do Festival de Habaneras
        • Día: 14 de abril de 2013
        • Lugar: IFEVI
        • Hora: 18:00

Esperámosvos!

23/3/13

Música Sacra na Igrexa dos Carmelitas


O noso Coro Enarmonía actuará na Igrexa da Nosa Señora do Carme de Vigo (Carmelitas) o 26 de marzo ás 20.30,  dentro do Ciclo de Música Sacra organizado por ACOPOVI. Estaremos acompañados pola Coral Cidade de Vigo, da ONCE.


Vinde a escoitar a  Haendel, Schubert, Bach, Rachmaninov, Fauré...e compartide con nós ese momento tan especial como é a comunicación de sensacións e sentimentos a través da música.


No enlace adxunto tedes o programa xeral do Ciclo de Música Sacra.


Esperamos que  nos acompañedes.