7/7/19

Seguimos traballando!


Sempre aprendendo! Como vedes, con Pablo Ferradás, entrenándonos niso da técnica vocal. Somos unha modesta coral...pero con moitas ganas! Aproveitamos o parón do mes de xuño para seguir evolucionando e conseguir un mellor son e unha mellor interpretación. Non é doado pero estamos no camiño. A FE.CO.GA concedeunos o curso e sacámoslle ben de proveito!

Antes estivemos atarefados! Despois do Festival de Música Sacra (tedes unha mostra no apartado Escoitanos! da páxina de Inicio), estivemos no Mar de Vigo cantando conxuntamente coa Coral Anduriña de Coruxo, no Festival das Letras Galegas, organizado pola Acopovi e o Concello, e cantando unha misa na novena de María Auxiliadora. 

A semana que ven cantamos na novena da Virxe do Carme en Carmelitas e acabaremos o 29 de Xullo cantando na novena do Cristo da Victoria na Colexiata. Moita música sacra!

E aquí tedes outra mostra do noso facer: Arreglo coral da Aria de Bach.


Xa sabedes onde ensaiamos! Animádevos a cantar connosco!

5/4/19

Disfrutando coa música sacra!

Igrexa do Carme. Vigo.
Seguindo coa nosa tradición, o día 11 de abril, xoves, ás 20.30 h., cantaremos na Igrexa dos Carmelitas de Vigo, dentro  do XIV Festival de Müsica Sacra organizado pola Acopovi e o Concello de Vigo, este ano adicado a unha das figuras máis queridas no ámbito coral da nosa cidade, Don Xulio Mosquera González, falecido recentemente. Ao longo do mes de abril tedes un amplo abano de corais actuando polas igrexas viguesas e podedes disfrutar da música sacra no contorno para o que foi composta. Deixovos o programa en pdf no enlace de abaixo. Animádevos!








7/2/19

Xa estamos en marcha!

A.V.C.D. de Lavadores

Non tardamos moito en seguir a nosa andaina!. O día 19 de Xaneiro cantamos na A.V.C.D. de Lavadores. Fermoso centro e un moi agradable concerto, a pesares das dificultades engadidas polo día chuvioso e desapacible! Grazas á organización e á xente que foi a escoitarnos pola súa acollida!
E, como non hai que perder a forma, xa estamos ensaiando cousas novas e preparando habaneras e música sacra. O 19 de marzo cantamos no Festival de Habaneras e Polifonía as 18 h. (os primeiros!), e o 11 de abril (8.30 h.), na Igrexa dos Carmelitas de Vigo, o noso tradicional concerto e Música Sacra dentro do festival do mesmo nome organizado por Acopovi.
Animádeos a compartir connosco estes momentos!