3/12/17

Viaxe a Medina del Campo e Concerto de Santa Cecilia.



Aquí nos tedes, na viaxe,  e na comida que compartimos co coro Reina Isabel en Medina. O noso compañeiro Enrique fíxonos esta reportaxe fotográfica. Tratáronnos de maravilla e nós fixemos o que puidemos cando viñeron a Vigo no intercambio. Pasámolo moi ben con eles, que son encantadores. A experiencia foi positiva en todos os sensos. 

O coro Reina Isabel devolveunos a visita e actuou xunto a nós no concerto de Santa Cecilia, patrocinado polo Concello e por Patrimonio da Diputación de Pontevedra. Tivo lugar no Auditorio do Concello de Vigo,  e o Coro de Berres (A Estrada),  que fixo tamén unha estupenda actuación, completou esta xuntanza coral.  
Deixamos estas mostras do noso traballo para que teñades unha pequena idea. Grazas a todos os que colaboraron para que foise posible.

O enlace coas fotos de Medina:


E outros enlaces coas mostras da nosa actuación:







8/11/17

Encontros corais.


No escenario do Centro Cultural de Matámá.

Seguimos participando conxuntamente con outras corais en diversos cencertos! Despois da nosa viaxe á Illa de Arousa, tivemos a nosa actuación no Auditorio do Concello, dentro do programa de Concertos de Verán organizado pola Acopovi e mesmo o Concello de Vigo. Estivemos acompañados polo Coro Voces do Torreiro de Coia. 
Uns días máis tarde fomos a Matamá. Alí, no Auditorio do Centro Cultural, cantamos xunto á Coral Máximo Gorki e á nosa anfitriona, a Coral Polifónica Atlántida de Matamá, dentro da programación de Concertos por Barrios que tamén organiza a Acopovi. 
E imos seguir de encontros! O día 18 de Novembro viaxaremos un pouquiño máis lonxe, a Medina del Campo, en Valladolid. Cantaremos no Centro Cultural Integrado Isabel La Católica, un sitio precioso, antigo convento restaurado (aquí vos deixo unhas fotos), co Coro Reina Isabel de Medina . Xa vos contaremos!








3/9/17

Seguimos a nosa andaina!



Neste precioso contorno da Illa de Arousa, tivo lugar onte a nosa partitipación no 3º Certame de Corais no Auditorio Municipal. Actuamos catro corais e a banda da Asociación Cultural de Ribadumia.  Ao final todas as corais cantaron o Va Pensiero de Verdi antes dar paso a actuación da Banda de Música formada por xente xove  pero con un son estupendo e motivador.

As corais cantando o Va Pensiero no Auditorio Municipal Illa de Arousa
Era a nosa primeira actuación despois duns días de vacacións! Unha noite musical na que disfrutamos da boa acollida da xente da Illa.
Déixovos un video cun pequeno exemplo da nosa actuación, grabado polo noso compañeiro Enrique: Rosa de Abril, un poema de Rosalía.



Ao final do curso pasado estivemos bastante activos cantando tres novenas á Virxe do Carme e outra ao Cristo da Victoria na Colexiata de Vigo, onde cantamos tamén a misa do Descendemento do Cristo.
Vos animades? Xa sabedes onde atoparnos!

   

15/5/17

Festival das Letras Galegas



Comeza unha vez máis o Festival organizado por Acopovi e o Concello de Vigo.   Nós estaremos no Auditorio Mar De Vigo o mesmo Día das Letras Galegas, o 17 de maio. Coma sempre, o festival empeza ás 18 h e o noso coro actuará no segundo lugar.
Xa sabedes que este ano as Letras Galegas está dedicado a Carlos Casares. Tedes un esbozo da vida e obra do escritor no programa que elaborou Acopovi.


Aquí vos deixo un enlace co programa completo:



26/4/17

A voltas coa música sacra!



Aquí nos tedes, cantando a Misa de Xoves Santo na Concatedral. Polo visto, ese día estabamos inspirados e fixémolo ben. Axudounos tamén a darlle corpo ás nosas cantigas a música do órgano de D. Moisés e a propia configuración da bóveda, que permite ese son tan especial e envolvente. No coro hai pouco espazo e así estivemos xuntiños, en harmonía. O 1 de maio cantaremos nesta Colexiata unha misa funeral as 17 h. 







Música Sacra na Igrexa dos Carmelitas de Vigo.



Este 12 de abril tivemos o noso concerto dentro do Ciclo de Música Sacra que todos os anos organiza Acopovi. Sempre nos sentimos arropados pola xente  nesta parroquia dos Carmelitas de Vigo!Actuou connosco o Coro Vivace da AECC. Estabamos de estrea: interpretabamos por primeira vez Gabriel´s Oboe de Ennio Morricone. xunto  con outras pezas xa clásicas do noso variado repertorio musical sacro. Grazas a todos pola vosa presenza e colaboración.  

8/3/17

Festival Cidade de Vigo



Outro ano máis participaremos no Festival de Habaneras e Polifonía Cidade de Vigo. O domingo 12 de marzo estaremos no Mar de Vigo e esperamos que vos acheguedes alí para que disfrutedes connosco da música coral, tan arraigada na nosa comunidade.

Grazas pola vosa colaboración!