30/1/14

Grazas por acudir a escoitarnos

O noso coro Enarmonía o día da actuación no 4ª Día de Acopovi.


Foi bastante emotivo ver o  teatro cheo e sobre todo sentir o interese  e a tan positiva reacción do público. De ahí sae a forza coa que seguir traballando. No enlace aparece o artigo que se publicou no Faro de Vigo.

Grazas polo voso apoio!





20/1/14

Xuntos no Día de Acopovi.

Que mellor que coralistas de todo o mundo baixo a batuta dun director?  Witacre e o seu coro virtual. 

Despois do Nadal hai que seguir adiante. E aquí estamos. 10 corais imos cantar no Teatro Sala de Concertos de Novacaixagalicia o 26 de xaneiro ás 18 h. Celébrase o Día de Acopovi por 4º ano consecutivo. Na ligazón de abaixo tedes o programa de actuacións.

4º DÍA DE ACOPOVI. PROGRAMA DE ACTUACIÓNS.

Esperamos que disfrutedes connosco neste inicio do 2014.

 Sorte e felicidade!