7/11/15

Homenaxe a Manuel de Dios. XV Certame de Rondallas e Corais.

O esforzo sempre merece un premio e tivémolo! O Segundo Premio neste Certame á interpretación de Soño de Prata de Manuel de Dios,  serviunos para manter a ilusión e a confianza respecto ao noso traballo. 
Grazas a todos os que colaborastes en que isto fora posible!
Nuestra aportación a la celebración del Día de Santa Teresa en la Iglesia de los Carmelitas estuvo acompañada de los poemas de Teresa de Ávila que tanto sentimiento  transmiten. Nada te turbe, Vivo sin vivir en mi, Veante mis ojos...Puro misticismo que rematamos con el himno Maestra de la Luz compuesto para su V Centenario. Esperamos haberos imbuído un poquito de esa emoción que traspasa pareceres y creencias.

28/9/15

De novo convosco.



Outra vez dispostos a seguir a nosa andaina pola música! O 13 se Setembro tivemos a nosa actuación no Verbum, compartida con outras dúas corais (Nautilus e Candeán). Cantaremos despois nos Carmelitas de Vigo e no Liceo de Ourense (15 e 31 de outubro respetivamente). 
Esperamos que nos sigades acompañando co mesmo agarimo que ata hoxe.
E se vos animades a vir  cantar connosco,  observade que cambiou o día de ensaio: os mércores das 18 ás 21h.
Esperámosvos!

21/5/15

No Día das Letras Galegas

Aquí estamos. O Orfeón Cantábile, Anduriña e Enarmonía,  no Mar de Vigo. Xa cantamos xuntos o ano pasado e igual que entón foi una experiencia moi bonita e enriquecedora. É moi diferente cantar arroupado entre tantas voces!

A ver se temos ocasión de repetir.  Grazas a todos.






1/5/15

O Festival de Habaneras 2015



Outro ano máis estivemos presentes no Festival de Habaneras e constatamos como cada vez o interese e a actititude positiva do público que sempre é fiel a esta cita. E coma sempre tamén sentimos o seu calor e apoio. Moitas grazas a todos os que foron a escoitarnos e esperamos que volvamos a coindicir o 17 de maio no Festival das Letras Galegas.

ATA SEMPRE! 

12/4/15

Continuamos coa música sacra


Seguimos coa nosa tradición de adicar parte do noso repertorio á Música Sacra e, nesta Semana Santa, cantamos na Igrexa das Neves en Teis xunto coa Coral do Centro Social de Teis e o  Coro Clásico de Vigo, dentro do X Festival Coral de Música Sacra organizado por Acopovi e o Concello de Vigo. Foi moi agradable e enriquecedor e disfrutamos todos coa sensibilidade que desprenden tanto as composicións como as diferentes interpretacións.


Celebramos ademais un concerto na Igrexa dos Carmelitas de Vigo no que cantamos un amplo repertorio de diferentes compositores (Rachmaninov, Fauré, Butler...), concerto no que sentimos unha vez máis o calor do público que veu a escoitarnos. Grazas unha vez máis polo voso apoio.

Aquí tedes unha pequena mostra da nosa actuación grabada en directo: