14/12/18

No Festival Rey Rivero


Outro ano máis participamos neste Festival Rey Rivero e, coma sempre, fixémolo coa maior ilusión e disfrutando ao cantar nese escenario tan especial que xa nos vai sendo familiar. Parece que a pesares de ser os primeiros puxemos paixón da nosa parte porque notámolo no público que se achegou a escoitarnos! Grazas polo calor recibido!


¡Acogedora Salamanca!

En el claustro del monasterio de San Esteban.

¡Estupendo viaje! Por la ciudad, por la gente, por la acogida... Cantamos en un sitio precioso, como es la iglesia de San Juan de Sahagún, y arropados por gente encantadora. Conseguimos empatizar y conectar, algo que no siempre es posible conseguir. Agradecidos por la oportunidad que se nos brindó y por ese ambiente tan acogedor!








24/11/18

Día da música en Salamanca!

Javier Santalices

Seguimos a nosa andaina, ilusionados coma sempre e cun novo Director, Javier Santalices! 
Este ano, para celebrar o noso tradicional Concerto de Outono (Santa Cecilia), decidimos ir a terras salmantinas. Cantaremos na igrexa de San Juan de Sahagún, un fermoso edificio neorrománico onde intentaremos transmitir a nosa maneira de entender e interpretar a música coral.
Grazas a Don Fernando, párroco de San Juan de Sahagún, que nos deu desde o primeiro momento facilidades para realizar este concerto!
Déixovos cartela e programa:



13/10/18

A nova tempada


O Auditorio do Concello recibiunos en setembro para continuar co ciclo de Concertos de Verán programados pola Acopovi. Dirixiunos esta vez Marga Martínez, que xa estivo ao noso lado noutras ocasións (en xullo dirixiu a misa televisada en TV2 desde a igrexa dos Carmelitas), e que puxo, coma sempre, traballo, esforzo, profesionalidade e unhas enormes ganas á nosa disposición. Grazas Marga!
Alí estivemos acompañados pola Coral do Colexio de Avogados e a Coral Amadeus. O noso compañeiro José Luis fixo unha presentación estupenda citando a esos increíbles clásicos que temos, por outra banda, tan esquecidos. 

Fin de ciclo!


Así de estupendo quedou o órgano da Concatedral! Alí termiñamos a tempada anterior cunha novena ao Cristo da Victoria. Fin de tempada e fin de ciclo porque foi tamén a última actuación coa nosa directora Valentina que, despois de unha morea de anos con nós, iniciou unha nova andaina. Deixounos a súa maneira de sentir e interpretar o canto e a música coral.  Un sensible instrumento nas súas mans! Grazas! E que os fados te sexan favorables!



15/5/18

Festival das Letras Galegas


Este domingo 20 de Maio participaremos no Festival das Letras Galegas organizado pola Acopovi e o Concello. No Mar de Vigo, coma sempre. Achegádevos a escoitar obras de todo tipo, da nosa tradición, os nosos poemas...
Este ano, as Letras Galegas  está adicado a Mª Victoria Moreno, profesora e escritora,  cunha parte da súa obra moi vinculada ao mundo infantil e xuvenil. No enlace de abaixo vos deixo unha síntese da súa vida e da súa obra. 
Esperámosvos!



3/5/18

No Festival de Habaneras e Polifonía

Alí estivemos, ben animados a regalar as nosas obras a ese público tan fiel e entregado. E nese Auditorio que xa forma parte da identidade das corais de Vigo! Esperamos que aos que foches a escoitarnos vos resultara agradable! 
O noso compañeiro Enrique gravounos coa tablet e, aínda que esta vez non saíu todo o ben que él  di que quisera, aquí vos deixo unha mostra para que vos fagades unha idea. Grazas!

24/4/18

Festival de Habaneras e Polifonía


Traballaremos no Día do Traballador! Outro ano máis estaremos no Mar de Vigo, o día 1 de maio,  para participar no Festival de Habaneras e Polifonía organizado por Acopovi e o Concello de Vigo. Alí vos esperamos as 18 h. coma sempre! 



26/3/18

13º Festival Coral de Música Sacra


Lembrade, nós actuaremos este mércores 28 de marzo na Igrexa de San Miguel de Oia, ás 19.45h. 
Como é  festa en Vigo, a ver se vos achegades a escoitarnos!                                                                


                                 
                       

                                                

                                                                                  

7/3/18

In Paradisum.

Hai dous anos gravamos un cd na Igrexa de Bembrive. O coro cambiou e tamén cambiaron parte d@s coralist@s pero... a esencia pervive!

Aquí tedes unha das pezas do cd:


Cando queirades, vir a escoitarnos!

Música Sacra!

Igrexa de San Miguel de Oia
A música sacra segue a ser parte da nosa identidade! Estaremos encantados de participar no concerto que se celebrará na  Igrexa de San Miguel de Oia o vindeiro 28 de marzo ás 20.30 h., dentro dos tradicionais concertos programados por Acopovi,  nestas datas de Semana Santa. As bóvedas de estas igrexas producen unha sonoridade especial! Animádevos!

5/3/18

Últimas novas!

                                                                         

             
Xa sabedes onde estivemos actuando pola fotografía! Este ano tocounos participar no Festival de Acopovi no Auditorio Mar de Vigo, ese marco tan especial. Alí estivemos o 25 de febreiro seis corais e entregáronse os premios correspondentes a este ano: A X. A. Oliveira e a Isaura Abelairas polas súas aportacións ao mundo coral. 
O noso compañeiro Enrique gravounos coa súa tablet e aquí vos deixo o seu vídeo.


Grazas a todos os que estiveron connosco e a eses bravos que tanto se agradecen!!