28/9/15

De novo convosco.



Outra vez dispostos a seguir a nosa andaina pola música! O 13 se Setembro tivemos a nosa actuación no Verbum, compartida con outras dúas corais (Nautilus e Candeán). Cantaremos despois nos Carmelitas de Vigo e no Liceo de Ourense (15 e 31 de outubro respetivamente). 
Esperamos que nos sigades acompañando co mesmo agarimo que ata hoxe.
E se vos animades a vir  cantar connosco,  observade que cambiou o día de ensaio: os mércores das 18 ás 21h.
Esperámosvos!