12/4/15

Continuamos coa música sacra


Seguimos coa nosa tradición de adicar parte do noso repertorio á Música Sacra e, nesta Semana Santa, cantamos na Igrexa das Neves en Teis xunto coa Coral do Centro Social de Teis e o  Coro Clásico de Vigo, dentro do X Festival Coral de Música Sacra organizado por Acopovi e o Concello de Vigo. Foi moi agradable e enriquecedor e disfrutamos todos coa sensibilidade que desprenden tanto as composicións como as diferentes interpretacións.


Celebramos ademais un concerto na Igrexa dos Carmelitas de Vigo no que cantamos un amplo repertorio de diferentes compositores (Rachmaninov, Fauré, Butler...), concerto no que sentimos unha vez máis o calor do público que veu a escoitarnos. Grazas unha vez máis polo voso apoio.

Aquí tedes unha pequena mostra da nosa actuación grabada en directo: