13/10/18

A nova tempada


O Auditorio do Concello recibiunos en setembro para continuar co ciclo de Concertos de Verán programados pola Acopovi. Dirixiunos esta vez Marga Martínez, que xa estivo ao noso lado noutras ocasións (en xullo dirixiu a misa televisada en TV2 desde a igrexa dos Carmelitas), e que puxo, coma sempre, traballo, esforzo, profesionalidade e unhas enormes ganas á nosa disposición. Grazas Marga!
Alí estivemos acompañados pola Coral do Colexio de Avogados e a Coral Amadeus. O noso compañeiro José Luis fixo unha presentación estupenda citando a esos increíbles clásicos que temos, por outra banda, tan esquecidos. 

Fin de ciclo!


Así de estupendo quedou o órgano da Concatedral! Alí termiñamos a tempada anterior cunha novena ao Cristo da Victoria. Fin de tempada e fin de ciclo porque foi tamén a última actuación coa nosa directora Valentina que, despois de unha morea de anos con nós, iniciou unha nova andaina. Deixounos a súa maneira de sentir e interpretar o canto e a música coral.  Un sensible instrumento nas súas mans! Grazas! E que os fados te sexan favorables!