14/12/16

No Festival Rey Rivero. Auditorio Mar de Vigo.



Outro ano máis participamos neste Festival adicado ao músico arousán. Como xa estabamos no mes de Nadal, foi o día 6, escoitáronse panxoliñas do compositor, e nós colaboramos con Boliños do pote. Aquí déixovos unha grabación que fixo unha compañeira en directo. 

20/11/16

Concerto de Outono 2016


Os homes
A nosa Directora
Valentina Dolisnea



As mulleres de Enarmonía

Outro ano máis celebramos o noso Concerto de Outono, patrocinado este ano  por Fecoga, para celebrar o Día da Música. Estiveron con nos a Coral Santa Baia de Mondariz e o Coro de Cámara Club Artístico de Ribadavia. Estivemos encantados coa calidade  que amosaron nas súas respectivas participacións neste encontro. Estilos diferentes para unha velada musical agradable e con un ambiente estupendo. Os enlaces de abaixo corresponden ao cartel e ao programa.

Cartel Concerto de Outono           Tríptico do programa



Coral Santa Baia de Mondariz

Coro de Cámara Club Artístico de Ribadavia

29/9/16

Empezamos!

Ola de novo! Acabamos o curso pasado cantando música sacra  e empezamos  este mes de setembro con profana. Hai que equilibrar a balanza. Despois de dúas misas en Carmelitas e Concatedral, tivemos as nosas vacacións e agora xa estamos traballando para compartir a nosa pequena aportación á música coral. Neste mes cantamos dentro do programa de concertos no auditorio do Concello organizado por ACOPOVI. Fomos tamén a Berres (A Estrada) a cantar na bonita igrexa de San Vicente, dentro dos concertos que patrocina FECOGA (as fotos son desta actuación); estupenda  música e acollida e un moi bo ambiente. Encantounos. 








Cantando xunto á Coral de Berres



Igrexa de Berres e cruceiro.
Agora, a preparar novo repertorio,  e novas inquedanzas para tratar de mellorar no posible.

6/6/16

O Orfeón Cantábile no Festival das Letras Galegas


Parece ser que nos saíu bastante finiño, e iso que fomos os primeiros da tarde e non estabamos aínda moi quentiños. Grazas por estar connosco. 

Escoitade  un exemplo neste video que nos fixo un compañeiro, case o noso cronista oficial:  No prado, a primeira obra que cantamos:





A nosa Rosa de abril non saíu nada mal, pero vos deixo unha versión clásica fenomenal: María Bayo coa Orquesta Sinfónica de Galicia.





18/5/16

Día das Letras Galegas.


E nos tamén intentarémolo, que o noso canto sexa fermoso e fino. E será o 21 de maio no Festival das Letras Galegas que se ven a celebrar estes fins de semana no  auditorio Mar de Vigo, organizado por Acopovi. Como xa fixemos o ano pasado, cantamos con Anduriña de Coruxo: Orfeón Cantábile.

Esperamos a vosa compañía!



16/5/16

Habaneras no Mar de Vigo

Como non participar no Festival de Habaneras! E no marco do Mar de Vigo! Alí estivemos e sempre arroubados por un público fiel. 

Grazas polos vosos aplausos e polo voso agarimo.

No seguinte video tedes un exemplo da nosa actuación: 





Seguimos comprometidos coa música sacra.


Pois sí, a música sacra a unha das nosas sinais de identidade. Celebramos, o noso Concerto de Santa Cecilia na Parroquia do Carme acompañados polo Coro do Centro Social de Teis e, coma sempre, foi unha moi agradable experiencia. Aquí tedes o enlace co díptico:


Continuamos tamén coa nosa tradición de participar nas actuacións programadas por ACOPOVI no XI Festival de Música Sacra  e, a maiores, cantamos na Igrexa dos Carmelitas unha seleción de pezas musicais sacras cuxa característica fundamental foi a suavidade, a tranquilidade e a interiorización.

XI Festival de Música Sacra 2016

Este ano ademais tivemos o pracer de cantar a misa na Concatedral o Día da Reconquista de Vigo, escenario no que xa tivemos a sorte de actuar noutras ocasións. 
15 de maio iniciamos a novena en María Auxiliadora.