1/9/20

Volvemos con renovadas forzas!



Pois sí, aquí estamos, despois dun ano de silencio no blog, aínda que non deixamos ás nosas actividades mentres nos foi posible. 
Temos pasado unha época de cambios (outra vez!), pero somos como a ave fénix, que sempre rexurde con ganas das dificultades. 
Hai un ano que deixounos o noso anterior director, Javier Santalices. Outras obrigas lle impedian poder atendernos así que tivemos que aceptar as circunstancias e despedirnos de esta boísima e divertida persoa coa que disfrutamos moito no ano que estivo con nós. Que a forza e a sorte o acompañe! Pero quedamos en boas  mans, nas de noso actual director Manuel Cunqueiro. Xa levamos un ano traballando con él pero, cando estabamos empezando a planificar o noso traballo, vímonos inmersos no problema Covid19. Non fai falta que vos diga as dificultades que temos na nosa actividade. A finais de xuño empezamos outra vez os ensaios, aínda que non o coro completo pois tiña carácter voluntario. 
E sí, aquí estamos outra vez retomando o canto. Enmascarados, distanciados e desinfectados, pero estamos. 
Este sábado 29 de Agosto participamos nas actividades programadas pola Acopovi e o Concello na rúa; actuamos na praza do Mercado do Progreso xunto a outras dúas corais, Voces de Liberdade e San Mamede de Zamáns. Ben que se notou a falta do calor imposta polo distanzamento! En fin, o 13 de setembro actuaremos en Castrelos, tamén con outras dúas corais e quédanos por poñer data a un Concerto Solidario. Xa os avisaremos.
A ver se vides a arrouparnos nestes tempos fríos para darnos algo de calor! Esperámosvos! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario